Monday 29 de April de 2024

Axenda do 27 e o 28 de maio de 2022 en Narón


Sábado 27 de maio de 2022

Actividade: “Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado”
Hora: 11.00
Lugar: Biblioteca municipal

O Concello organiza este obradoiro, enmarcado nos actos do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán. Diríxese a público a partir de 6 anos (tamén xuvenil e adulto) e é precisa inscrición previa.

Actividade: “Anima Rúa”
Hora: De 12.00 a 19.00
Lugar: Praza da Gándara

O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón organizan esta convocatoria, con varias propostas musicais, exhibicións de baile e patinaxe, sorteo de agasallos…

Actividade: “Othello”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle este espectáculo teatral, da compañía Voadora e baseado na novela de William Shakespeare, escrita hai máis de 400 anos pero cun tema que está de novo próximo no tempo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Domingo 28 de maio de 2022

Actividade: “Ponte en ruta con nós”
Hora: Saída ás 9.15 horas das inmediacións do Centro Cívico Social do Val
Lugar: Percorrido entre a Pena Molexa e o Monte da Lagoa

O Concello celebra unha nova ruta do programa municipal “Ponte en ruta con nós”. Un percorrido duns 12 quilómetos, con saída e chegada ás inmediacións do CCS do Val.

Actividade: “Obradoiros de Teatro Infantil e de Adultos”
Hora: 18.00
Lugar: Auditorio municipal

As Escolas Culturais do Padroado da Cultura continúan celebrando as mostras de fin de curso na cidade. A entrada é de balde.